Condenados a ano e meio de cadea dous grevistas do metal – Diario Liberdade



OViei­ros – xuíz tamén lles impón mul­tas por lesións e danos. Men­tres, xun­to con outros 11 acu­sa­dos, foron absol­tos do deli­to de des­or­de públi­ca.

O Xul­ga­do do Penal núme­ro 2 de Vigo con­de­nou a dous tra­ba­lla­do­res a ano e seis meses de cadea por un deli­to de aten­ta­do con­tra un poli­cía, duran­te a car­ga do 8 de maio de 2006, no con­tex­to da fol­ga do metal. Foi par­te da sen­ten­za no pro­ce­de­men­to segui­do con­tra 13 tra­ba­lla­do­res acu­sa­dos de des­or­de públi­ca no trans­cur­so daque­las mani­fes­ta­cións.

Ade­mais, no auto, o xuíz con­dé­naos por unha fal­ta de lesións a unha mul­ta de 240 euros e por un deli­to de danos a 2.920 euros e a 1.680 euros, res­pec­ti­va­men­te. Ade­mais, estes dous acu­sa­dos, ambos afi­lia­dos da CIG, terán que pagar cada un unha tre­cea­va par­te das cos­tas xudi­ciais. Dou­tra ban­da, un ter­cei­ro acu­sa­do, tra­ba­lla­dor non afi­lia­do a sin­di­ca­to nin­gún, debe­rá pagar outra mul­ta de 160 euros por unha fal­ta de danos e 330 euros por res­pon­sa­bi­li­da­de civil.

A sen­ten­za tamén absol­ve a estes tres tra­ba­lla­do­res e a outros 10 acu­sa­dos dun deli­to de des­or­de públi­ca, ao enten­der que o enfron­ta­men­to cos axen­tes, no que se lan­za­ron pedras a fur­góns, non tiña como fina­li­da­de rachar coa paz social e o xuíz enten­de que se pro­du­ci­ron no con­tex­to dun­ha car­ga poli­cial.

O res­pon­sá­bel de Nego­cia­ción Colec­ti­va da CIG, Anto­lín Alcán­ta­ra, anun­ciou que o sin­di­ca­to reco­rre­rá a sen­ten­za para que os tres acu­sa­dos que non que­da­ron absol­tos reci­ban o mes­mo tra­to que os seus com­pa­ñei­ros. Con­si­de­rou que a reso­lu­ción é "inxus­ta", por­que "non exis­ten pro­bas sufi­cien­tes que sus­ten­ten a con­de­na" e por­que se actuou de dife­ren­te xei­to con uns e outros acu­sa­dos: "só se con­de­na a un de cada gru­po, aín­da que todos actua­ron en con­xun­to", expli­cou.

Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Share on facebook
Share on Facebook
Share on twitter
Share on Twitter

Leave a comment

Iruzkina idatzi / Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: