É tem­po de sei­tu­ra – Move­men­to pola Base

Sen­te­mos as bases para ali­cer­zar novos avan­zos da cau­sa nacio­nal galega

Hai trin­ta e cin­co anos a poli­cia espa­ño­la asa­si­na­ba en Ferrol a Xosé Ramón Reboi­ras Noia, mili­tan­te nacio­na­lis­ta que per­so­ni­fi­ca non só a entre­ga e a cora­xe na defen­sa da cau­sa do Pobo Tra­ba­lla­dor Gale­go, senón algo que ten moi­ta máis tras­cen­dén­cia para coa situa­ción actual: Reboi­ras foi unha das per­soas que máis con­tri­buiu para a cons­tru­ción dun nacio­na­lis­mo sus­ten­ta­do nas cla­ses popu­la­res, que cen­tra­ba o seu dis­cur­so na inse­pa­rá­bel liga­zón entre a eman­ci­pa­ción nacio­nal e a eman­ci­pa­ción social, as duas caras dunha mes­ma moeda.

Hoxe é máis nece­sá­rio que nun­ca rei­vin­di­car­mos esta liga­zón, ausen­te xa no dis­cur­so do nacio­na­lis­mo maio­ri­tá­rio repre­sen­ta­do pola direc­ción do BNG. Reno­var nes­te momen­to a apos­ta pola via esta­tu­tá­ria, can­do a sen­ten­za sobre o Esta­tut de Cata­lun­ya ven de con­fir­mar que o Esta­do non vai facer cesión algunha de sobe­ra­nia, sig­ni­fi­ca moi­to máis que un erro tác­ti­co: sig­ni­fi­ca renun­ciar de fac­to a sos­ter un pul­so estra­té­xi­co co Esta­do pola sobe­ra­nia por­que iso requi­re da acu­mu­la­ción de for­zas, da cons­tru­ción dun con­tra-poder nacio­nal que impli­ca nece­sá­ria­men­te apoiar-se nas cla­ses traballadoras.

Un novo esta­tu­to non resol­ve­rá nen­gún dos pro­ble­mas da Gali­za, por­que máis com­pe­tán­cias non sig­ni­fi­ca máis poder real de deci­sión. A admi­nis­tra­ción auto­nó­mi­ca xa dis­pón, por exem­plo, de com­pe­tén­cias exclu­si­vas en agri­cul­tu­ra, mais nen esta admi­nis­tra­ción nen outra pode­ria evi­tar a refor­ma da PAC que, no vin­dei­ro ano, ases­ta­rá un novo gol­pe aos/​ás produtores/​as galegos/​as. O mar­co xurí­di­co-polí­ti­co impe­ran­te impi­de pla­ni­fi­car un des­en­vol­ve­men­to eco­nó­mi­co auto-cen­tra­do e orien­ta­do cara os intere­ses da maio­ria social. A úni­ca alter­na­ti­va é supera-lo.

Des­de o MpB acre­di­ta­mos en que a tare­fa máis impor­tan­te do momen­to actual é a de acu­mu­lar for­zas en torno a un polo sobe­ra­nis­ta e de esquer­das, un polo de com­ba­ti­vo que sexa quen de aglu­ti­nar unha masa social para a libe­ra­ción nacio­nal. Nun momen­to no que a ofen­si­va do pro­ce­so de nacio­na­li­za­ción espa­ñol xun­to coa ofen­si­va do Capi­tal por recu­pe­rar valor real para a sua espe­cu­la­ción están a bater a fon­do nos ali­cer­ces mes­mos da Nación e da cla­se tra­ba­lla­do­ra orga­ni­za­da, ser­mos capa­ces de sumar esfor­zos para este polo é unha cues­tión de supervivéncia.

Os intere­ses da cla­se tra­ba­lla­do­ra non podén ficar subor­di­na­dos aos da meso­crá­cia nacio­nal. Á nosa cla­se en nada lle vai a favo­re­cer “supe­rar” a cri­se ou “saír” dela; o que pre­ci­sa­mos supe­rar é o mode­lo sócio-eco­nó­mi­co actual, supe­rar e derro­tar o capi­ta­lis­mo e a auto­or­ga­ni­za­ción xoga aquí un papel ful­cral. É impres­cin­dí­bel que ese polo do que esta­mos a falar aglu­ti­ne tamén este tipo de deman­das. A sobe­ra­nia ten de ser­vir en pri­mei­ro lugar para cam­biar de mode­lo. O terri­tó­rio e os recur­sos da Gali­za están a ser expo­lia­dos para sos­ter un sis­te­ma cri­mi­nal e per­xu­di­cial para a maio­ría. Orde­na-los e des­en­vol­ve-los en fun­ción de lóxi­cas dia­me­tral­men­te opos­tas ás do Capi­tal é o pri­mei­ro pon­to do pro­gra­ma de libe­ra­ción nacional.

Nes­te sen­so a con­vo­ca­tó­ria de Fol­ga Xeral para o 29 de Setem­bro é a pri­mei­ra opor­tu­ni­da­de para orga­ni­zar­mos as solu­cións das que pre­ci­sa­mos. O 29‑S ten que ser unha Fol­ga Xeral Nacio­nal, o que vai moi­to máis alá de que exis­ta unha con­vo­ca­tó­ria dife­ren­cia­da do sin­di­ca­lis­mo nacio­na­lis­ta e de cla­se a res­pec­to do espa­ño­lis­mo. Unha Fol­ga Xeral é moi­to máis que unha xor­na­da de rei­vin­di­ca­cións labo­rais, sobre todo nes­te mar­co, no que, aín­da no mellor dos supos­tos, que se con­se­gui­ra frear a refor­ma labo­ral apro­ba­da polo goberno espa­ñol, iso non redun­da­ria nunha mello­ra das con­di­cións de vida e de tra­ba­llo. A FXN ten que ser­vir para acti­var todo o amplo teci­do social nacio­na­lis­ta e inde­pen­den­tis­ta en torno a dous pun­tos míni­mos: Que a sobe­ra­nia nacio­nal é impres­cin­dí­bel como pri­mei­ro paso para abor­dar o cám­bio de mode­lo sócio-eco­nó­mi­co e que non pre­ci­sa­mos de par­ches nen de refor­mas senón de enfron­tar­mos o Capi­tal para derruba-lo.

Nes­te últi­mo ano des­de o MpB enten­di­mos como máis correc­to diri­xir os nosos esfor­zos non tan­to ao tra­ba­llo pró­prio e públi­co como sigla polí­ti­ca como a axu­dar a crear as con­di­cións para que ese polo sobe­ra­nis­ta e de esquer­das se con­for­me. E nes­te sen­ti­do enten­de­mos que se están a dar pasos, ás veces peque­nos e len­tos, mais impor­tan­tes, que van no cami­ño de que esta von­ta­de se con­ver­ta nunha reali­da­de mate­rial a médio pra­zo. Supe­rar des­con­fian­zas e con­so­li­dar alter­na­ti­vas viá­beis é o tra­ba­llo no ime­dia­to, e é onde se están a pro­du­cir os maio­res avan­ces. Ser­mos capa­ces de que dife­ren­tes expre­sións orga­ni­za­das da esquer­da inde­pen­den­tis­ta se expre­sen con­xun­ta­men­te dian­te de pro­ble­má­ti­cas comúns (des­tru­ción ambien­tal, sen­ten­za do esta­tut, fol­ga xeral, etc.), ou o resul­ta­do das mobi­li­za­cións da esquer­da inde­pen­den­tis­ta do 25 de xullo des­te ano, indi­can cla­ra­men­te que estes avan­ces son unha reali­da­de, e xeran expec­ta­ti­vas e ilu­sións, con­di­cións pré­vias e nece­sá­rias para cons­truir algo sóli­do. É un cami­ño lon­go e com­pli­ca­do, que hai que per­co­rrer sen pre­sas e con pasos cor­tos e fir­mes, pero é unha tra­ve­sia impres­cin­dí­bel e obri­ga­da para que Gali­za con­te cunha alter­na­ti­va polí­ti­ca e social de masas váli­da para a sua Cla­se Tra­ba­lla­do­ra e que defen­da a sua Sobe­ra­nia Nacio­nal. Ese é o noso prin­ci­pal tra­ba­llo como MpB.

Este é o pro­gra­ma non só máis nece­sá­rio senón tamén máis rea­lis­ta. Pre­ci­sa­men­te nos momen­tos de cri­se albis­ca­mos como as solu­cións refor­mis­tas son as que cons­ti­tuen unha autén­ti­ca uto­pia, no sen­so pexo­ra­ti­vo do ter­mo. Acu­mu­lar for­zas e enfron­tar os con­fli­tos reais con alter­na­ti­vas. Eis o úni­co camiño.

Co exem­plo de Reboi­ras e de tan­tos homes e mulle­res que entre­ga­ron o mellor da sua vida en aras de con­se­guir un futu­ro de dig­ni­da­de e pros­pe­ri­da­de, un novo mode­lo eco­nó­mi­co e social de xus­ti­za e igual­da­de, en defi­ni­ti­va, unha Gali­za cei­be e socia­lis­ta, reco­lle­mos a ins­pi­ra­ción nece­sá­ria para colller o facho e pro­cla­mar que non nos ren­de­re­mos por­que exis­ten máis moti­vos que nun­ca para loi­tar, segui­re­mos avanzando.

Viva Gali­za Cei­be e Socialista!

Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Twitter
Facebook
Telegram

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *