Será que vai sobre­vi­ver algum meio de comu­ni­caçom em gale­go? – Dia­rio Liberdade

170810_peneira

Gali­cia Con­fi­den­cial – O empre­sa­rio d’A Penei­ra cul­pa a Xun­ta e mes­mo aos redac­to­res dos des­pe­di­men­tos, men­tres os asa­la­ria­dos, que mar­chan con 6 meses sen cobrar, cua­li­fi­can a súa acti­tu­de de «humi­llan­te».

A cri­se, a caí­da do bipar­ti­to e a fal­ta de apoio das ins­ti­tu­cións póden­se levar por dian­te a prác­ti­ca tota­li­da­de dos medios escri­tos en gale­go. Des­pois da des­apa­ri­ción dos dixi­tais Viei­ros e Chu­za! ago­ra é a A Penei­ra quen atra­ve­sa unha com­pli­ca­da situación.
A CIG denun­ciou que o empre­sa­rio des­pe­diu aos seus tres redac­to­res tras telos tra­ba­llan­do seis meses sen cobrar. O mes­mo sufri­ron varios cola­bo­ra­do­res da cabe­cei­ra comar­cal. Os asa­la­ria­dos leva­ron os des­pe­di­men­tos ao xul­ga­do pois ao seu enten­der non son obxec­ti­vos. Os xor­na­lis­tas ase­gu­ran que a empre­sa con­tra­tou a novos infor­ma­do­res para os novos núme­ros. Os asa­la­ria­dos cua­li­fi­can de «lamen­tá­bel e humi­llan­te» a pos­tu­ra do seu empregador.

Gui­ller­mo Rodrí­guez con­tes­tou ao comu­ni­ca­do sin­di­cal coa insó­li­ta estra­te­xia de ten­tar cul­par aos pro­pios redac­to­res, ale­gan­do que os tra­ba­lla­do­res nun­ca pedi­ron redu­cir os seus sol­dos, malia saber da mala situa­ción eco­nó­mi­ca da empre­sa. O empre­sa­rio ase­gu­ra que non con­tra­tou a nin­guén, senón que está a sacar os novos núme­ros co tra­ba­llo e os inves­ti­men­tos da súa familia.

Rodrí­guez láia­se da caí­da da publi­ci­da­de co cam­bio de Goberno na Xun­ta e argu­men­ta que segue co pro­xec­to para cobrar as sub­ven­cións do Goberno para os medios 100% en gale­go, axu­das que o Execu­ti­vo redu­ciu este ano men­tres man­ti­vo os con­ve­nios a dedo para os gran­des medios prin­ci­pal­men­te en castelán.

A edi­ción xeral de Gali­cia da cabe­cei­ra en inter­net xa non fun­cio­na. De non lograr Rodrí­guez man­ter A Penei­ra, o pano­ra­ma de medios impre­sos de cer­ta difu­sión en toda Gali­cia redu­ci­ría­se ao Gali­cia Hoxe, pro­pie­da­de do Gru­po Correo Galle­go, de Luns a Ven­res, gra­tuí­to de El Pro­gre­so, e A Nosa Terra, pro­pie­da­de da cons­tru­to­ra San José, tamén edi­to­ra do bilin­güe Xor­nal de Gali­cia. A via­bi­li­da­de a cur­to pra­zo da his­tó­ri­ca ANT tamén se cues­tio­nou tras denun­ciar a CIG a «mala xes­tión» da empre­sa e os con­ti­nuos atra­sos no abono dos salarios.

Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Twitter
Facebook
Telegram

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *