Assem­bleia da Fun­daçom Gale­ga Con­tra a Impu­ni­da­de polo jul­ga­men­to dos cri­mes fran­quis­tas na Gali­za – Dia­rio Liberdade

Tabla de contenidos

«A Fun­da­ción Gale­ga Con­tra a Impu­ni­da­de, inte­gra­da por máis de 80 per­soas reuniu­se hoxe en Vigo e rati­fi­cou a súa deter­mi­na­ción de seguir apoian­do con todos os seus medios téc­ni­cos e huma­nos a que­re­la admi­ti­da pola Cáma­ra Fede­ral de Bos Aires para inves­ti­gar e xul­gar os cri­mes dos fran­quis­tas, fun­da­men­tal­men­te no que con­cer­ne a ós cri­mes de lesa huma­ni­da­de come­ti­dos na Galiza.
Pre­si­diu o acto Isaac Díaz Par­do, quen vai outor­gar poder nota­rial á Fun­da­ción para que denun­cie o ase­si­na­to do seu pai come­ti­do polos fran­quis­tas. Isaac afir­mou sen­tir­se «moi agra­de­ci­do por­que xen­te máis nova, que non viviu tan de cer­ca o fran­quis­mo, estea a pro­mo­ver esta bus­ca de xus­ti­za, tan necesaria».

Apro­bou­se por una­ni­mi­da­de que a pre­si­den­ta da FCI sexa Mari­ví Villa­ver­de, filla do depu­tado Elpi­dio Villa­ver­de. Mari­ví amo­sou­se emo­cio­na­da por­que «por fin, des­pois de tan­tos e tan­tos anos des­de que se come­te­ron eses cri­mes tan terri­bles se abra unha vía para facer xustiza».

Asi­mes­mo, o novo vice­pre­si­den­te da FCI, Fran­cis­co Pilla­do decla­rou­se orgu­llo­so de per­ten­cer a esta Fun­da­ción: «Acep­tei a vice­pre­si­den­cia da FCI por­que con­si­de­ro que rom­per a impu­ni­da­de dos cri­mi­nais de lesa huma­ni­da­de é unha cau­sa xus­ta, noble e que paga a pena».

Pilla­do qui­xo acla­rar expre­sa­men­te que «a Fun­da­ción non se con­ce­biu para bus­car vin­gan­za, senon xus­ti­za, e a xus­ti­za é un dos ali­cer­ces do esta­do de derei­to». «Como xa dixo Gandhi –sina­lou- se apli­cá­se­mos sem­pre o ollo por ollo a huma­ni­da­de entei­ra que­da­ria cega. A vin­gan­za é sem­pre cruel e irra­cio­nal, é o pre­lu­dio dos fanatismos».

Pilla­do expli­cou así o a súa filo­so­fía como vice­pre­si­den­te da FCI: «Can­tar á defen­sa da vida é o noso maior com­pro­mi­so, máis iso impli­ca denun­ciar ós xeno­ci­das e leva­los dian­te dos tri­bu­nais de xus­ti­za. Sem­pre sen­tín páni­co dos faná­ti­cos que, sen o noso con­sen­ti­men­to, pre­ten­den crear­nos paraí­sos. Como dixo Sta­nis­lac Lec, <ó paraí­so sem­pre se vai en coche fúne­bre>. Ás veces os maio­res xeno­ci­dios comé­ten­se en nome dos paraí­sos. Eu, como Albert Camús, tam­pou­co que­ro paraí­sos nos que non poi­da optar ó inferno».
Fran­cis­co Pilla­do leu o frag­men­to dun arti­go publi­ca­do por Le Mon­de (a raíz do pre­mio nobel de medi­ci­ña a Seve­ro Ochoa) na épo­ca fran­quis­ta, e que resu­me, can­do menos en par­te, o que os fran­quis­tas nos quitaron:

«Que pode­mos pen­sar dun país no que Picas­so non pode pin­tar, Seve­ro Ochoa non pode inves­ti­gar, Juan Ramón Jimé­nez, Rafael Alber­ti ou Luis Cer­nu­da non poden escri­bir, Pau Casals non pode dar con­cer­tos, María Casa­res non pode tra­ba­llar como actriz e Luis Buñuel non pode diri­xir cine».

Rema­tou a súa inter­ven­ción pedin­do «que a nosa voz, a voz das per­soas que tra­ba­lla­mos nes­ta Fun­da­ción, ser­va para recla­mar xus­ti­za fron­te ós res­pon­sá­beis da bar­ba­rie xeno­ci­da. Xeno­ci­dios nun­ca máis».», infor­ma a Fun­da­ción Gale­ga con­tra a Impunidade.

Twitter
Facebook
Telegram

Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *