Coruña comunicou a abertura de
![](https://www.boltxe.eus/wp-content/plugins/external-links-nofollow-open-in-new-tab-favicon/images/extlink.png)
procedimento sancionador a duas das persoas que participaron no acto convocado o 4 de Abril por Causa Galiza en memória dos Mártires de Carral.Con data 29 de Setembro, a Subdelegación do Governo do Reino de España na Coruña comunicou a abertura de procedimento sancionador a duas das persoas que participaron no acto convocado o 4 de Abril por Causa Galiza en memória dos Mártires de Carral.
O acto, que segundo a Subdelegación do Governo reuniu unhas setenta persoas no cemitério de Paleo Velasco, transcorreu de forma pacífica sen causar alteracións no tránsito de veículos ou persoas, como se pode apreciar no ![](https://www.boltxe.eus/wp-content/plugins/external-links-nofollow-open-in-new-tab-favicon/images/extlink.png)
vídeo editado pola própria entidade organizadora. Apesar disto, e de a marcha decorrer polo percorrido indicado polos axentes da Polícia Nacional que a controlavan, a Subdelegación do Governo afirma que «os manifestantes ocuparon todo o largo da via, impedindo a circulación en ambos os sentidos», e califica os feitos como «Infracción grave», o que pode traducir-se nunha sanción de entre 300 e 600 euros para as persoas denunciadas como responsáveis.