Vive­mos graças a Espanha? – Dia­rio Liberdade

- “E de que íamos viver?” A ideia de que Espanha é quem nos dá de comer…
Non sería a pri­mei­ra vez que unha per­soa ou becho se fai esta pre­gun­ta peran­te a posi­bi­li­da­de da inde­pen­den­cia da Gali­za. Inclu­si­ve eu mes­ma tiña só unha vaga idea do asun­to, por iso mes­mo tan­to eu como a miña curio­si­da­de deci­di­dí­mo­nos a pes­qui­sar un pou­co sobre o tema. O resul­ta­do é que os gale­gos non lle debe­mos nada a Espa­ña; é ela quen fica con case 23 dos impos­tos que paga­mos. Aquí que­da a pro­ba pra quen gos­te de saber:

Tal coma pude­mos ver Gali­za pro­du­ce 50% da lou­sa mun­dial, 80% da indus­tria con­ser­vei­ra do Esta­do, 65% do gra­ni­to, 62% do millo, 45’5 da madei­ra, 42% da cons­tru­ción naval , 41% do sei­xo, 40% do lei­te, 24% do pei­xe, 22% da pata­ca e 20% da elec­tri­ci­da­de renovábel.

En tro­ca, os sala­rios dos gale­gos son 14% máis bai­xos ca dos espa­ñois, 19% de nós vive por debai­xo da liña da pobre­za, temos 200.000 para­dos e en 20 anos des­apa­re­ce­ron 40.000 explo­ta­cións agra­rias e nos últi­mos 5 uns 700 bar­cos pesqueiros.

Eses son só algúns dos pro­du­tos que pro­du­ci­mos pero no sub­cons­cien­te segui­mos a pen­sar que somos un país pobre. De onde saca­mos tal idea? pois do mode­lo de finan­cia­men­to auto­nó­mi­co. Resu­min­do dunha for­ma sim­plis­ta pero cer­ta, a cues­tión é que den­de Madrid muxen a vaca e dal­gún modo fan­nos crer que aín­da lles debe­mos un favor por dar­nos o que a eles lles pareza.

No Esta­do Espa­ñol hai dous mode­los de finan­cia­men­to: o Foral (Eus­ka­di e Nafa­rroa) e o de réxi­me común (que atin­xe ó res­to de nacións e rexións cos casos espe­ciais de Ceu­ta e Meli­lla). No caso do réxi­me común os car­tos que tan xen­til­men­te nos cede o Esta­do Espa­ñol (obsér­ve­se a per­ver­sión da lin­gua­xe uti­li­za­da), pro­ve­ñen prin­ci­pal­men­te de:

* 100% do que reca­de­mos dos cha­ma­dos «tri­bu­tos cedi­dos» como o Impos­to sobre 0 Patri­mo­nio (IP), Impos­to sobre Suce­sións e Doa­cións (ISD), Tri­bu­tos sobre o Xogo (TX), e Impos­to sobre Trans­mi­sións Patri­mo­niais e Actos Xurí­di­cos Docu­men­ta­dos (ITPAXD), amais de cer­ta mar­xe no Impos­to Espe­cial sobre Vehícu­los de Trac­ción Mecá­ni­ca (IEVTM) e do Impos­to sobre Ven­tas Mino­ris­tas de deter­mi­na­dos Hidro­car­bu­ros (IVMDH) .

* Somen­te unha par­te dos «impos­tos com­par­ti­dos». O «Esta­do» cede un tan­to % do reca­da­do en cer­tos impos­tos espe­ciais (alcohol, hidro­car­bu­ros, etc.) que divi­de en par­tes iguais e repar­te ente as Comunidades.

* Por últi­mo está o Fon­do de Sufi­cien­cia polo que o «soli­da­rio» Esta­do Espa­ñol dá ás comu­ni­da­des «pobres» os car­tos que lles fal­tan para cubrir o cus­to das com­pe­ten­cias que lles foron trans­fe­ri­das nos seus per­ti­nen­tes esta­tu­tos (sani­da­de, edu­ca­ción, xus­ti­za, ser­vi­cios sociais, etc.) Estas comu­ni­da­des «gas­to» somos todas menos Madrid e Balea­res que alcan­zan a auto­sus­ten­tar­se por unha con­tía míni­ma. A expli­ca­ción bre­ve é que Madrid nos rou­ba a todos e Balea­res ten trans­fe­ri­do turis­mo ínte­gra­men­te. Pero, quen cona se vai crer que dous nos dan de comer a quin­ce?! Se fóra dalí cla­ma­ba pola inde­pen­den­cia mañá mesmo!

* A Garan­tía Sani­ta­ria sería exac­ta­men­te o mes­mo que o Fun­do de Sufi­cien­cia pero des­ti­na­do exclu­si­va­men­te ó ambi­to da saúde.

Des­ta for­ma callan en nós ideas como a da «Gali­za sub­ven­cio­na­da» e a da «soli­da­rie­da­de esta­tal» coas que se nos pre­ten­de colar que depen­de­mos deles pra sub­sis­tir por­que nós somos inca­pa­ces. É ese o obxec­to últi­mo des­te sis­te­ma, pro­bar que os gale­gos e as outras nacións e rexións do Esta­do non temos posi­bi­li­da­des fóra do seu man­to. En defi­ni­ti­va, as comu­ni­da­des pobres só pode­mos sobre­vi­vir gra­zas ás apor­ta­cións e soli­da­rie­da­de das ricas. Se face­mos caso á teo­ría de que es máis pobre a can­tos máis car­tos teñas que reci­bir do Fun­do de Sufi­cien­cia, Cata­lun­ya sería a 5ª comu­ni­da­de máis pobre do Esta­do des­pois de Anda­lu­cía, Cana­rias, Gali­za e Cas­te­la e León. A alguén lle cola?

Por que Madrid é tan rica e o res­to somos taaan pobres?

A cues­tión é que unha empre­sa tri­bu­ta onde ten a súa sé empre­sa­rial e por todos é sabi­do que a maio­ría das gran­des empre­sas pri­va­das, das empre­sas públi­cas, dos orga­nis­mos esta­tais «peri­fé­ri­cos», etc. están en Madrid. Des­te xei­to a Capi­tal das Espa­ñas léva­se os car­tos resul­tan­tes do impos­to de socie­da­des, do IVE, das reten­cións dos tra­ba­lla­do­res (aín­da que estes este­xan na Gali­za), das súas ope­ra­cións co exte­rior, etc. É dicir que aín­da que os recur­sos nolos fodan a nós, os car­tos que­dan pra eles (véxa­se o caso das tres gran­des eléc­tri­cas gale­gas, todas forá­neas). Por isto mes­mo dáse un exem­plo moi coñei­ro e é que o 100% do impos­to sobre o taba­co recá­dao Madrid, debe se que o res­to non fuma­mos. Outro caso moi sim­pá­ti­co é o das gran­des ase­gu­ra­do­ras náu­ti­cas como pode ser Bureau Veri­tas que tamén tri­bu­ta alí, será que ago­ra os bar­cos nave­gan polo Par­que do Reti­ro. Por outra par­te Alcam­po, Carre­four, Eros­ki, Mer­ca­do­na, El Cor­te Inglés, Lidl e Día aca­pa­ran o 70% do mer­ca­do da dis­tri­bu­ción de ali­men­tos no Esta­do Espa­ñol segun­do os datos da OCU pero nin­gunha ten a súa sé empre­sa­rial en Gali­za, nes­te caso en Eus­ka­di co sis­te­ma foral téñenno un pou­co mellor. Os exem­plos son infi­ni­tos, cus­ta ima­xi­nar can­tos car­tos per­de­mos en favor de Madrid.

Temos que facer fin­ca­pé en que no 2007 eran 5.147 as empre­sas que pro­du­cían en Gali­za pero que tiñan a súa sé fóra.Estas empre­sas con­ta­ban cun total de 136.367 tra­ba­lla­do­res e un núme­ro medio de tra­ba­lla­do­res moi supe­rior ás gale­gas. O sala­rio bru­to medio decla­ra­do por cada un dos asa­la­ria­dos foi de 24.346 euros, tamén moi supe­rior ó de aquí, e sobra dicir que as súas reten­cións van­se fóra.

Como nos minten?

Exis­ten dous infor­mes básicos:

* O Infor­me Anual de Reca­da­ción Tri­bu­ta­ria que tra­ba­lla en base a esti­ma­cións de reca­da­ción. Segun­do este infor­me Madrid tri­bu­ta­ría o 48% da tota­li­da­de da reca­da­ción fis­cal do Esta­do Espa­ñol, non o cren nin eles. Aín­da que este dato é nor­mal se aten­de­mos ó que expli­ca­ba antes sobre as sés empre­sa­riais e cer­tos impos­tos aso­cia­dos a elas.

* Xa que saben do estú­pi­do dese infor­me e nece­si­tan coñe­cer os datos reais recu­rren ó Infor­me de Liqui­da­ción que se coñe­ce dous anos des­pois de fina­li­za­do un cur­so fis­cal e tra­ba­lla con datos obxe­ti­vos. Este é o que ver­da­dei­ra­men­te nos intere­sa por­que nel si se inclúen tódo­los impos­tos que pesan sobre os gale­gos (excep­to o do IVE e os Impos­tos Espe­ciais), apor­tán­do­nos a reca­da­ción xeo­grá­fi­ca real.

A men­ti­ra: No 2008, segun­do o Infor­me Anual de Reca­da­ción, as dele­ga­ción gale­gas da Axen­cia Tri­bu­ta­ria embol­sá­ron­se 4.354 millóns de euros en Gali­za. O Esta­do esti­mou que o noso gas­to sería de 7.171 millóns de euros polo que eles, moi «soli­da­ria­men­te» terían que poñer o que fal­ta­ba recu­rrin­do ó Fun­do de Suficiencia.

O cer­to: Ago­ra co ano 2008 xa liqui­da­do pode­mos facer ben as con­tas. Resul­ta que Gali­za reca­da 3.890M€ pro­vin­tes dos tri­bu­tos cedi­dos, dos que falei máis arri­ba, máis 5.019M€ dos tri­bu­tos com­par­ti­dos; é dicir 8.910 M€. A isto hai que sumar­lles os 2.065M€ dou­tros impos­tos (sobre socie­da­des, pri­mas de segu­ros, de trá­fi­co exte­rior, de ren­das dos non resi­den­tes, etc.) cuxos datos non viñan incluí­dos no Infor­me de Reca­da­ción Tri­bu­ta­ria, polo que ó final os gale­gos apor­ta­mos 10.974,4M€ en total. Resul­ta que como vos adian­ta­ba no pri­mei­ro pará­gra­fo non nece­si­ta­mos do seu Fun­do de Sufi­cien­cia, son eles que­nes se que­dan con case 23 dos nosos impos­tos. Non é por repe­tir­me pero hai que des­ta­car que aí fal­tan, entre outras cou­sas, os car­tos das empre­sas que tri­bu­tan fóra e que serían nosos nun Esta­do Galego.

Tamén se nos inten­ta ven­de-la igual­da­de des­te sis­te­ma que pasa por alto a dife­ren­za de des­en­vol­ve­men­to entre unhas comu­ni­da­des e outras froi­to da falla de inver­sión ó lon­go da his­to­ria, «por­que esto es Afri­caaaa». Des­te modo pár­te­se da dis­ti­bu­ción simé­tri­ca (dan­nos a todos o mes­mo) para che­gar a unha supos­ta equi­da­de e que todos poi­da­mos ofre­cer a mes­ma cali­da­de de ser­vi­zos; can­do o seu sería par­tir da asi­me­tría (dar máis onde máis se nece­si­ta) e che­gar a esa «pre­ten­di­da» sime­tría final en tóda­las CCAA. Non é por­que sexa­mos uns esmo­lan­tes, é que nolo deben des­pois de sécu­los chu­pan­do do bote sen facer ape­nas inves­ti­men­tos no noso país.

Cader­nos e webs con­sul­ta­das: Caderno Sobe­ra­nía e sis­te­ma de Finan­cia­men­to , Caderno Liqui­da­ción do sis­te­ma de Finan­cia­men­to 2008 web do Minis­te­rio de Eco­no­mía e Facen­da Espa­ñol e web de Cau­sa Gali­za. Ima­xe vía A Reguei­fa blog.

Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Twitter
Facebook
Telegram

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *