Polí­ti­ca lin­güís­ti­ca: Por umha estra­té­gia dife­ren­te- Mau­ri­cio Castro

O pro­fe­sor na Esco­la Ofi­cial de Idio­mas de Ferrol e socio­lin­güis­ta Mau­rí­cio Cas­tro ofre­ceu onte un rela­to­rio nas I Jor­na­das de Cul­tu­ra, Lín­gua e Ensino, orga­ni­za­das pola Asso­ciaçom Gale­ga da Lín­gua (AGAL) e a Uni­ver­si­da­de da Coru­ña. A par­tir dunha com­pa­ra­ción entre o caso de Por­to Rico e Gali­za, pro­pu­xo para o noso país un mode­lo no que o idio­ma pro­pio sexa o úni­co ofi­cial, ou polo menos a lin­gua pre­fe­ren­te, garan­tin­do os derei­tos dos falan­tes dou­tros idio­mas, como o cas­te­lán. Ao seu ver, as estra­te­xias adop­ta­das ata o momen­to en polí­ti­ca lin­güís­ti­ca non dei­xa­ron de amo­sar o seu fra­ca­so, polo que che­gou o momen­to de muda­las, ollan­do a mode­los «que non son unha uto­pía», senón unha reali­da­de en luga­res como o Que­bec ou Flandres.

Cas­tro pon de rele­vo a incohe­ren­cia que supón defen­der, para Gali­za, o «bilin­güis­mo cor­dial» men­tres as mes­mas per­soas apoia­ron, nos anos 90, a rei­vin­di­ca­ción do goberno de Por­to Rico de que o cas­te­lán fose a úni­ca lin­gua ofi­cial, sen renun­ciar á apren­di­za­xe do inglés nas esco­las. A súa pro­pos­ta afás­ta­se tan­to da do actual Execu­ti­vo gale­go como, en boa medi­da, da sos­ti­da pola opo­si­ción e o move­men­to nor­ma­li­za­dor, que recla­man o cum­pri­men­to da lexis­la­ción vixen­te para que o gale­go aca­de unha posi­ción de igual­da­de res­pec­to do cas­te­lán e a vol­ta ao con­sen­so lin­güís­ti­co no mar­co da coofi­cia­li­da­de e as polí­ti­cas acti­vas de pro­tec­ción da lin­gua pro­pia do país.

Come­za­ches a túa inter­ven­ción acla­ran­do os con­cep­tos de lin­gua e dia­lec­to. Que que­rías subliñar? 

En con­tra do que se di habi­tual­men­te, o con­cep­to de lin­gua non é estri­ta­men­te lin­güís­ti­co, senón que se deci­de que é lin­gua ou que é dia­lec­to segun­do cri­te­rios polí­ti­cos. O gale­go foi con­si­de­ra­do un dia­lec­to ata que unhas eli­tes cul­tu­rais, no XIX, come­za­ron a defen­der que era unha lin­gua. As con­si­de­ra­das lin­guas non son máis que unha varie­da­de, é dicir, un dia­lec­to, esco­lli­do para ser o están­dar. Así pasou co cas­te­lán, o fran­cés, o inglés…

A padro­ni­za­ción con­sis­te, daque­la, na esco­lla dese están­dar. O arti­go de Andrés Frei­re publi­ca­do pola FAES pare­cía esque­cer que o cas­te­lán tamén viviu ese pro­ce­so, cuxo resul­ta­do é a uni­for­mi­da­de, rela­ti­va, do actual castelán…

Si. Nos esta­dos-nación euro­peos decí­de­se cal é a varie­da­de están­dar tras o xur­di­men­to da impren­ta de Guten­berg. Ao gale­go fal­tou­lle, daque­la, un apa­re­llo de poder detrás que impul­sa­se este pro­ce­so. Can­do Gali­za aca­dou a auto­no­mía, deci­diu­se ade­mais que o gale­go era unha lin­gua autó­no­ma do por­tu­gués, con­tra o que demos­tra a filo­lo­xía romá­ni­ca e toda a nosa tra­di­ción ante­rior, que con­si­de­ra o gale­go par­te da lusofonía.

Mono­lin­güis­mo, bilin­güis­mo… son con­cep­tos que están a xerar moi­ta con­fu­sión polo seu mal uso. O mono­lin­güis­mo social foi o obxec­ti­vo tra­di­cio­nal do nacio­na­lis­mo, pero ago­ra está a ser cues­tio­na­do, por exem­plo por socio­lin­güis­tas como Hen­ri­que Mon­tea­gu­do, que defen­den un bilin­güis­mo sen diglosia…

As per­soas, indi­vi­dual­men­te, deben domi­nar can­tas máis lin­guas mellor. Pero se que­re­mos que o gale­go se nor­ma­li­ce, na miña opi­nión debe ser a úni­ca lin­gua ofi­cial no noso terri­to­rio. E iso non exclúe que se fale tamén cas­te­lán, inglés…, pois os dous apren­de­rían­se como mate­rias na esco­la. O Esta­do espa­ñol deu­lle o pre­mio Prín­ci­pe de Astu­rias nos 90 ao gober­na­dor de Por­to Rico por facer do cas­te­lán a úni­ca lin­gua ofi­cial co obxec­ti­vo de deter a súa subs­ti­tu­ción polo inglés. Pou­co des­pois, tras as seguin­tes elec­cións, res­tau­rou­se a coofi­cia­li­da­de. Pero a cues­tión é que as eli­tes espa­ño­las defen­den unha cou­sa dis­tin­ta en Gali­za e en Por­to Rico. O mode­lo de coofi­cia­li­da­de que se apli­ca en Gali­za ao que está a levar é a que o gale­go sexa a lin­gua mino­ri­ta­ria. Por iso é nece­sa­rio muda­lo. E hai mode­los que fun­cio­nan, como o de Que­bec ou Flan­dres. No Que­bec, en Cana­dá, o fran­cés é a úni­ca lin­gua ofi­cial, pero garán­ten­se os derei­tos dos anglo­par­lan­tes.… O bilin­güis­mo equi­li­bra­do ese do que se fala non exis­te en nin­gún sitio.

Deta­lles

«A gran fala­cia de G.B. é a impo­si­ción do galego»

Din os de Gali­cia Bilin­güe que os derei­tos son das per­soas e non dos terri­to­rios. Pero a pro­pia Cons­ti­tu­ción espa­ño­la esta­ble­ce un prin­ci­pio de territorialidade…

Si, pero para o cas­te­lán, que é obri­ga­to­rio en todo o terri­to­rio do Esta­do. O gale­go, porén, é só per­soal, indi­vi­dual­men­te volun­ta­rio en Gali­za, pois os cida­dáns teñen derei­to a uti­li­za­lo. Só para Gali­za se pro­pón, por exem­plo, con­sul­tar os pais sobre a lin­gua das mate­rias. Non defen­den o mes­mo para Valla­do­lid ou Madrid, onde hai mino­rías que falan outros idio­mas. A gran fala­cia de Gali­cia Bilin­güe é o dis­cur­so da impo­si­ción. Nin­guén dis­cu­te que se impo­ña o cas­te­lán. E eu creo que a igual­da­de entre o gale­go e o cas­te­lán só se con­se­gui­ría sen­do o gale­go o úni­co idio­ma oficial.

A túa pro­pos­ta non sería apoia­da polas eli­tes, nin hai nos gale­gos se cadra un nivel de com­pro­mi­so real coa lin­gua axei­ta­do para iso…

Tamén as mulle­res ten­den a repro­du­cir a ideo­lo­xía impos­ta polo patriar­ca­do. E se vas a Valla­do­lid tam­pou­co ato­pa­rás un gran nivel de con­cien­cia lin­güís­ti­ca. O que temos que con­se­guir é que o gale­go sexa unha lin­gua útil e nece­sa­ria, para non ter que depen­der só do volun­ta­ris­mo, a mili­tan­cia, o sentimentalismo…

Exem­plos

«O que defen­do é o que pasa en Suí­za, no Que­bec ou en Flandres»

A túa pro­pos­ta tamén cho­ca­ría coa lei, pois non é legal dar­lle ao gale­go un sta­tus de lin­gua úni­ca, senón só preferencial…

Iso é cer­to, pero o que esque­ce­mos moi­tas veces é que a lei espa­ño­la é anti­de­mo­crá­ti­ca niso. O que pro­po­ño aplí­ca­se en Suí­za: cada lin­gua é ofi­cial no seu can­tón, e as outras lin­guas aprén­den­se tamén na esco­la. É tamén o mode­lo de Bél­xi­ca ou Cana­dá. Non é unha uto­pía, pero aquí pare­ce que non pode nin abrir­se ese deba­te. Se os gale­gos pui­dé­se­mos deci­dir que o gale­go fose a úni­ca lin­gua ofi­cial, ou polo menos a pre­fe­ren­cial a todos os efec­tos, e ade­mais se con­si­de­ra­se o gale­go par­te do tron­co lusó­fono, mudan­do a orto­gra­fía, si que con­se­gui­ria­mos nor­ma­li­za­lo. O gale­go ten que ser a lin­gua prio­ri­ta­ria, a pri­mei­ra lin­gua, e o cas­te­lán pode­ría ser a segun­da. Hoxe non só a bur­gue­sía urba­na, senón tamén as eli­tes nacio­na­lis­tas defen­den a vol­ta a un con­sen­so que o úni­co que con­se­guiu foi o domi­nio do cas­te­lán. Tam­pou­co exis­te o mono­lin­güis­mo social.

Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Twitter
Facebook
Telegram

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *