Con data 29 de Setembro, a Subdelegación do Governo do Reino de España na
Coruña comunicou a abertura de procedimento sancionador a duas das persoas que participaron no acto convocado o 4 de Abril por Causa Galiza en memória dos Mártires de Carral.Con data 29 de Setembro, a Subdelegación do Governo do Reino de España na Coruña comunicou a abertura de procedimento sancionador a duas das persoas que participaron no acto convocado o 4 de Abril por Causa Galiza en memória dos Mártires de Carral.
O acto, que segundo a Subdelegación do Governo reuniu unhas setenta persoas no cemitério de Paleo Velasco, transcorreu de forma pacífica sen causar alteracións no tránsito de veículos ou persoas, como se pode apreciar no vídeo editado pola própria entidade organizadora. Apesar disto, e de a marcha decorrer polo percorrido indicado polos axentes da Polícia Nacional que a controlavan, a Subdelegación do Governo afirma que «os manifestantes ocuparon todo o largo da via, impedindo a circulación en ambos os sentidos», e califica os feitos como «Infracción grave», o que pode traducir-se nunha sanción de entre 300 e 600 euros para as persoas denunciadas como responsáveis. |